O Consorcio de Santiago publica este portal de información web como un Sistema de Información Patrimonial (SIP) para o tratamento da información arqueolóxica, arquitectónica e urbanística da Cidade Histórica de Santiago de Compostela.
A necesidade de xestionar a información espacial da cidade é a razón fundamental para que o Consorcio de Santiago utilice un Sistema de Información Patrimonial tanto para o seu traballo diario coma para a súa relación co cidadán. Este sistema permite separar a información en diferentes capas temáticas, almacenándoas independentemente e permitindo traballar con elas de xeito rápido e sinxelo.
Este portal desenvolve unha das liñas de actuación do Consorcio, en concreto, o Programa de Información, Estudo e Interpretación da Cidade onde ao SIP, creado e publicado utilizando Sistemas de Información Xeográfica, se incorpora unha gran cantidade de información sobre bens e conxuntos patrimoniais de diferentes tipos e épocas históricas.
Dentro da parte de desenvolvemento tecnolóxico que supón este proxecto encóntrase a creación dun software que integra o mundo documental co mundo espacial e territorial, constituíndo un portal geo-documental pioneiro en Europa e válido para calquera ámbito urbano.
Este Sistema de Información estase a levar a cabo mediante un convenio de colaboración co Centro Nacional de Información Xeográfica, integrado no Instituto Xeográfico Nacional do Ministerio de Fomento. Para a xestión da información arqueolóxica participou no SIP o Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC), e para a xestión da información territorial e cartográfica contouse coa colaboración do Concello de Santiago que achegou a información derivada do Plan Especial e a cartografía dixitalizada do Centro Histórico realizada durante o ano 2007.
Santiago de Compostela é en si mesma un compendio de Historia da Arte. Dende a Idade Media ata a actualidade sobre o seu soar fóronse edificando igrexas, pazos, mosteiros, conventos que mostran tanto aos estudosos da arte coma aos profanos unha evolución de estilos que poucas cidades poden ensinar. Hai claros exemplos de arquitectura románica, renacentista, barroca, neoclásica, contemporánea que aquí se ofrecen de tal forma que o usuario poida obter unha rápida información dos edificios máis representativos da cidade, coa posibilidade de ampliar o seu coñecemento consultando a bibliografía que se referencia de cada monumento.
O apartado de Información Patrimonial do SIP está deseñado en función das diferentes seccións de documentación da que se dispón ata o momento de publicación da Web.
Dentro de cada sección poderase localizar a información utilizando criterios de busca específicos para cada tipoloxía.
Os resultados que se presentan están organizados en diferentes bloques: características da entidade patrimonial, documentos asociados, imaxes e ligazóns a outro tipo de información.
O apartado de Busca Documental do Sistema de Información Patrimonial este deseñado para facilitar aos usuarios na medida do posible a busca de documentación de carácter patrimonial da Cidade de Santiago de Compostela.
Díspónse de diferentes opcións de busca, podendose realizar buscas por contido ou utilizando diferentes características, agrupadas en categorías, que identifican a documentación existente no sistema.
O resultado da busca se mostra nunha listaxe con todos os documentos localizados que cumpren os criterios de busca introducidos. Pódense realizar diferentes accións para cada un dos documentos atopados: descargar, ver propiedades, localizar xeograficamente e acceder á información patrimonial relacionada co elemento. As imaxes que se obtiveron na busca móstranse mediante un visor.